Debate sobre o novo escenario para a esquerda en Galicia

#GalizaAnoCero
Análise post 21-O
“Hipóteses e recomposicións á esquerda”

O proceso electoral do pasado 21-O deixa espazo aberto para innumerábeis análises e reflexións. Pero, sobre todo, abre interrogantes sobre o futuro inmediato deste país. Por unha parte, preguntámonos que tipo de oposición social e política se abrirá, na rúa e nas institucións, tras a vitoria electoral do PP. Pola outra, semella haber pouca marxe de dúbida ao respecto de que, no marco dos tempos de aceleración política que estamos a vivir, os comicios marcan un antes e un despois no que ten que ver co presente da esquerda representativa.

Queremos declinar, en presente e en futuro, preguntas e hipóteses sobre os camiños que, dende os movementos e dende a esquerda representativa, é preciso afrontar. Nesta #GalizaAnoCero, preguntámonos tras o 21 de outubro: que facer diante da vitoria electoral do réxime neoliberal?

Mércores, 24 de outubro, ás 20.00 horas | O Mentireiro. R/Orillamar, 12. A Coruña | Entrada libre

Participan:
Manuel M. Barreiro | Editor e analista político
David Rodríguez | Analista político e blogueiro en O Funambulista Coxo
Pepe López Rey | Activista e profesor de Socioloxía na UDC

Modera:
Rodri Suarez | Xornalista

Habilitarase a canle de streaming habitual para poder seguilo en directo dende a rede.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Encontro entre movementos sociais e candidaturas de esquerda ao 21-O

GALIZA ANO CERO
*..Hai que votalos?*

Poderedes seguir o stream a través da canle de youtube de robinhoodcorunha

Participan

  • Ana Luisa Bouza (candidata do BNG ao parlamento pola provincia da Coruña)
  • Anton Sánchez (candidato de AGE ao parlamento pola provincia da Coruña)
  • Jose Angel Brandariz (activista de movementos sociais)
  • Apresenta e modera: Iago Martinez Durán (Xornalista)

No marco da ofensiva continental do capitalismo financiario no poder, o
proceso eleitoral do 21-0 chega nun momento de extrema urxencia para o
pais. En todos os planos (social, económico, ambiental, cultural,..), as
agresións quotidianas, o espolio e o desmantelemento das conquistas
sociais programado desde os partidos do réxime fan do momento
contemporaneo un autentico cenario de guerra e dos comicios eleitorais do
21-O um momento poĺitico singular.

Ante os constantes chamados e interpelacións que os partidos e coalicións
da esquerda politica están a facer aos colectivos cidadáns, activistas de
diversos movementos sociais pensamos acaido discutir en primeira persoa,
por sobre a mesa as propostas de cada unha das candidaturas e abrindo un
fio de discusión e debate con activistas ao marxe da política de partido.
Neste Galiza de inicios do século XXI, nesta “Galiza, ano cero” queremos
preguntarmo-nos colectivamente,… en realidade, …Hai que votalos?

Publicado en Uncategorized | 1 comentario